| Finanzas |
|
Dende a organización das Xornadas de Agroecoloxía queremos darlle a maior transparencia á xestión dos cartos que manexamos durante as mesmas. Fixemos unha aposta este ano por realizar un programa autofinanciado, de forma que nin a clase política nin a administración local, provincial ou autonómica formen parte do proxecto, e pensamos que é tremendamente importante facer visibles cales son os custes e os ingresos para poder levar a cabo o programa. Deste xeito, adxuntamos un documento onde aparecen perfectamente detalladas as contas das II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, do ano 2008. Financiación das II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense **A caixa de apoio estará presente en todos os actos das xornadas para todas aquelas persoas que queiran aportar algo á financiación das mesmas. |













