III XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

 

Descarga o Díptico das Xornadas

Do 24 de marzo de 2009 ate o 30 de marzo de 2009, Ourense  


  • Martes 24 de marzo: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.

  • Mércores 25 de marzo: Como facer a miña vivenda e pasar da crise? Obradoiro de Bioconstrución/Autoconstrución: O obradoiro pretende dar a coñecer unha forma de traballar para construír a nosa propia casa utilizando, ademais, criterios respectuosos co medio ambiente e tratando de aproveitar os recursos naturais ao máximo. Participan: Pilar Penin, Eloi Dávila, Lhosca Arias e Analía Moares. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9 (Zona Universitaria), ás 20:00 horas.

  • Xoves 26 de marzo: Comedores escolares saudables e ecolóxicos. Alimentarse con produtos ecolóxicos e de comercio xusto é posible nos comedores colectivos dos colexios de Ourense, ven a coñecer como!! Participan: Representantes da ANPA's, Representantes de Centros de Ensino de Ourense e a asociación “O Grelo Verde” Lugar: C.E.I.P. Filomena Dato (A Valenzá), Salón de Actos, ás 20:00 horas

  • Venres 27 de marzo: Asemblea Rede de Consumo Consciente. A Rede Galega de Consumo Responsábel asocia a cooperativas e asociacións que traballan pola agricultura ecolóxica e o comercio xusto. Pretende organizar e sensibilizar á sociedade galega sobre a importancia dun consumo responsable, promover relacións comerciais xustas entre produtoras e consumidoras, a participación directa, democrática, colectiva e responsábel das persoas no consumo, o desenvolvemento rural e local, o aforro enerxético e o respecto á natureza nos procesos de produción e consumo. Participan: Colectivos da rede galega de Consumo Consciente. Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 17:00 horas

Consumo responsable en tempos de crise. Debate. Onde e como se producen os alimentos que consumimos? Somos conscientes da responsabilidade individual ante a crise alimentaria global? Estas e outras preguntas están na base das novas propostas de consumo responsable, que serán analizadas nesta sesión. Reflexionaremos sobre o poder transformador destas experiencias. Participan: Carme Freire. Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Tom Kucharz. Area de agroecoloxía e Soberanía alimentaria de Ecoloxistas en Acción. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9 (Zona Universitaria), ás 20:00 horas

  • Sábado 28 de Marzo: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: No Local social da AA. VV. O Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas

Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical (Pescando em Copacabana e O Sonoro Maxín) e o Contacontos Carlos Blanco, colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Café Cultural Auriense, praza do Correxidor, ás 22:00 horas. Prezo: 5€

  • Domingo 29 de Marzo: Como facer a miña horta ecolóxica? Realizaremos unha excursión para coñecer as hortas ecolóxicas e a casa de bioconstrución de Pilar, Eloi e Estreliña, agricultoras de Semente no lugar de Reboreda (Porqueira). Cómpre levar comida para compartir entre todas as persoas que fagamos a visita, e reservar praza a través do email Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou ben no telefono: 637748859 antes do venres 27 de marzo, Lugar: Reboreda (Porqueira), de 10:00 a 20:00 horas

  • Luns 30 de marzo: Plantas que curan na botica da aboa. As herbas medicinais en Allariz, unha historia de recuperación e empoderamento feminino. O que saben as mulleres e nos queren contar. Participan: Benita e Delia da AA VV de Nanín e Ana Pérez, do concello de Allariz. Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 20:00 horas

Tamén dentro das Xornadas de Agroecoloxía colabora o alumnado da Escola de Arte Antonio Faílde que viran de preparar unha exposición fotográfica sobre a temática da agroecoloxía e que se presentará no mes de maio en diferentes salas de exposición da cidade de Ourense.

Colaboran nas Xornadas: Anacos da Cidade, Anpa do Colexio Filomena Dato, Cine Clube Padre Feijoo, Escola de Arte Antonio Failde e Facultade de Ciencias do Campus de Ourense.

 

Para calquera consulta, podedes contactar con nós en Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  

 

 


Organizan

Colaboran

Agradecementos

Especiais agradecementos Carlos Blanco, O Sonoro Maxin e Pescando en Copacabana pola súa participación de forma totalmente altruista nas III Xornadas de Agroecoloxía



Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe4
mod_vvisit_counterEsta Semana9
mod_vvisit_counterTotal2146
Copyright © 2010 III Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Design by Next Level Design / Script by Joomla!