II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Finanzas PDF e-mail

Dende a organización das Xornadas de Agroecoloxía queremos darlle a maior transparencia á xestión dos cartos que manexamos durante as mesmas. Fixemos unha aposta este ano por realizar un programa autofinanciado, de forma que nin a clase política nin a administración local, provincial ou autonómica formen parte do proxecto, e pensamos que é tremendamente importante facer visibles cales son os custes e os ingresos para poder levar a cabo o programa. Deste xeito, adxuntamos o presuposto inicial que calculamos que custarían as xornadas:

  • Desplazamentos de participantes: 654,72€
  • Aloxamento e manutención de participantes: 546€
  • Difusión (cartelería e medios): 550€
  • Gastos obradoiros e varios: 231,15€
  • TOTAL GASTOS previstos: 1982,87€

 Por outra banda, tamén adxuntamos o listado inicial de previsión de ingresos:

  • Cartelería Facultade de Ciencias da UVIGO: 300€
  • Concerto de apoio ás xornadas*: 1000€
  • Caixa de apoio**: ??
* Queremos, de novo (non nos cansaremos), agradecer a excepcional disposición e o seu apoio altruista ás Xornadas dos grupos musicais  Coanhadeira, Ergom, Quempallou e O Sonoro Maxin xa que sen o seu bon facer non se poderían levar a cabo, do xeito en que se están levando, estas xornadas de agroecoloxía.

**A caixa de apoio estará presente en todos os actos das xornadas para todas aquelas persoas que queiran aportar algo á financiación das mesmas 

 
Menú principal
Inicio
Por qué unhas xornadas?
Quen somos?
Finanzas
Contactar
Actividades
Concertos
Formación
Mesas Redondas
Palestras
Organizan














Agradecementos

Especiais agradecementos aos grupos Coanhadeira, Ergom, Quempallou e O Sonoro Maxin pola súa participación de forma totalmente altruista nas II Xornadas de Agroecoloxía












Visitas
mod_vvisit_counterHoxe12
mod_vvisit_counterOnte8
mod_vvisit_counterEsta semana23
mod_vvisit_counterEste mes39
mod_vvisit_counterTotais6536
© 2010 II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Joomla! é um software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Design by Mambo Template Factory