|
Mesas Redonda |
|
|
|
Martes 26 de
febreiro: Mesa Redonda de Consumidoras e Agricultoras en
ecolóxico: A experiencia de Semente servirá de
enlace para dar dúas visións dunha mesma realidade: a
producción e o consumo de productos ecolóxicos, da
horta á mesa, na cidade de Ourense.
- Participan:
Eloi Dávila (agricultor de Porqueira), David Leadbeater
(agricultor de Laza e membro do Grelo Verde), Laura Seco e Gloria
Higuero (membras de Semente).
- Lugar:
Café Bar Trampitán , Praza Maior de Ourense, ás
20:30 horas.
Xoves
28 de febreiro: A
ZEPA na Limia.
Os Estados membros clasificarán como ZEPA os territorios máis
axeitados en número e superficie para a conservación
de varias especies de aves. Nas
ZEPA deberanse adoptar as medidas axeitadas para evitar o deterioro
dos hábitats, así como as alteracións que
repercutan nas especies.Nesta actividade, veremos unha esperiencia
nunha zona do estado que é zona ZEPA e na que hai
explotacions agrícolas, e analizaremos a zona ZEPA da Limia.
- Participan:
Fernando Jubete (Fundación Global Nature), Diego Rodríguez
Vieites (Vicecoordenador Xeral de Verdegaia), Manuel García
(membro de MEL, Movemento Ecolóxista da Limia) e Xosé
Anxo Pérez Rúa
(Sindicato Labrego Galego).
- Lugar:
Salón de Graos do Edificio Politécnico , Campus
Universitario, ás 20:00 horas
|
|
|
|
Agradecementos |
|
Especiais agradecementos aos grupos Coanhadeira, Ergom, Quempallou e O Sonoro Maxin pola súa participación de forma totalmente altruista nas II Xornadas de Agroecoloxía
|
|
Visitas |
 | Hoxe | 2 |  | Onte | 14 |  | Esta semana | 27 |  | Este mes | 43 |  | Totais | 6540 |
|
|