|
Mércores
27 de febreiro: Comercio
xusto e sustentabilidade, o exemplo da Panela:
A sustentabilidade social e económica son un elemento propio
do comercio xusto, pero Amarante pretende, en aqueles productos que
importa, facer da compoñente de protección e
conservación ambiental un factor diferenciador cara un
consumo mais responsable. O cultivo e a elaboración do azucre
puro de cana (panela) constitue un exemplo revelador nesta
dirección.
- Participan:
Felix Castro (Responsable de Cooperación de Amarante).
Venres
29 de febreiro: Palestra
sobre Soberanía Alimentaria.
O Concepto de soberanía alimentaria foi presentado por Via
Campesina no Cumio Muncial sobre alimentación en 1996.No
Foro de Nyéléni, a Soberanía Alimentar foi
descrita como “o direito dos pobos a alimentos nutritivos e
culturalmente apropiados, acesíbeis, producidos de forma
sustentábel e ecolóxica,
e o seu direito a decidir o seu propio sistema alimentar e
produtivo”.
- Participan:
Xosé María García Villaverde (Coordenador de
Actividades de VSF-Galiza), Fernanda
Couñago Otero (Directora de Amarante),
Tom Kucharz
(responsable da área de agroecoloxía de
Ecologistas en Acción).
Sábado
1 de Marzo: Comedores
Escolares Ecolóxicos.
Achegaremonos á experiencia de implantación de
productos ecolóxicos nos comedores de catro escolas da
provincia de Ourense: CEIP
O Castiñeiro de Laza, CEIP das Vendas da Barreira (Riós), CEIP de Castrelo do Val (Castrelo do Val) e CEIP Antonio Vazquez
Vazquez (Rairiz de Veiga).
- Participan:
Charo Sanchez Parga e Anabel Dacosta Vazquez (membras do Grelo Verde
e organizadoras dos comedores escolares em 4 colexios da provincia
ourensá).
- Lugar:
Ateneo de Ourense , rúa Curros Enriquez 1 (Torre), ás
20:00 horas
Xoves
6 de marzo: Ecoaldeas
e Permacultura.
A permacultura é unha proposta para acadar novos modelos
sociais realmente sustentábeis. A partires dos principios da
permacultura existen diversas experiencias de recuperación de
aldeas cos máximos criterios éticos e responsables
medioambientalmente.
- Participan:
Antonio Palma (Permacultor) e Miguel (membro de Chozas, proxecto de
Ecoaldea pontevedresa).
- Lugar:
Centro Social A Esmorga , rúa Telleira 9, ás 20:30 horas
Venres
14 de marzo: Por
unha nova estética da natureza.
A escritora galega defende que o modelo social que propón a
agroecoloxía e o compromiso moral coa natureza deben chegar
ate a esfera da creación literaria, de xeito que a ética
e a estética sexan as dúas caras da mesma moeda.
- Participa:
Teresa Moure (escritora)
- Lugar:
Café Bar Ollo Ledo , praza das Mercedes 5, ás 20:30
horas
|