|
Somos diversos colectivos ourensáns
con traballo no ámbito ecolóxico e agroecolóxico...
Amarante
é unha Organización
Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento
xurde como unha ONGD para a transformación: Situándonos
dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós
abusos do poder político e as desigualdades xeradas desde o
poder económico. Para
elo, pensamos que é fundamental recupera-lo
papel autónomo dos movementos sociais na transformación
política
e a participación
da sociedade civil nos asuntos públicos. A
nosa misión é combater
as causas estructurais da pobreza e favorecer a autoorganización
e empoderamento
das comunidades e colectivos sociais máis empobrecidos dos
países do Sur; á vez de crear unha sociedade civil máis
critica e solidaria
que permita construír un modelo galego de cooperación.
A
Esmorga somos cada vez mais ourensãos e ourensás que
apostamos pelo activismo social e cultural comprometido com a
realidade na que vivemos. Trabalhamos para promover a lingua e a
cultura galegas, a sensibilidade para com o meio ambiente e a
solidariedade entre as pessoas e os povos. O entusiasmo, o espíritu
positivo, o empenho e a diversão são as nossas
ferramentas de trabalho para construir tijolo a tijolo um mundo mais
justo e agradável para tod@s.
A porta da Esmorga está aberta para qualquer pessoa que queira
conhecer-nos ou botar-nos uma mão neste projecto. Bem-vind@s!
Amigos da Terra é unha organización
que sempre destacou por plantexar unha actitude de defensa do medio
ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que
van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica
e a acción.
Semente é unha asociación de Consumo
Responsable que promove a transformación social dende a
autonomía alimentaria e o respeito aos nosos recursos
naturais, potenciando as redes de intercambio local en contraposición
ás grandes empresas multinacionais.
Verdegaia
é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de
lucro, plural, democrática, apartidaria e independente,
constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para
a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e
mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza
social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á
crise ecolóxica global, por medio da investigación,
sensibilización social, deseño e implementación
de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción
nonviolenta.
|