II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Por que unhas xornadas? PDF e-mail
Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia decidimos apostar, de novo e retomando as boas vibracións vividas nas xornadas de agroecoloxía do ano pasado, pola difusión da agroecoloxía como forma de vida alternativa aos círculos comerciais actuais tanto para consumidoras como para produtoras.

A nosa intención non é mais que achegar un anaco máis a toda a cidadanía ourensá as propostas existentes, ou as que están en proceso de constitución, dentro do eido agroecolóxico. Para iso propoñemos 15 días de diversas actividades que nos sirvan para achegarnos máis ao mundo da agricultura e gandeiría ecolóxica.

Queremos resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón actúar de forma activa contra os modelos de producción capitalistas, mudar as relacións meramente comerciais por outras que ademáis conlevan a confianza entre productora/consumidora, boicotear de facto ás grandes superficies comerciais para potenciar ás pequenas vendedoras locais, crear redes de consumo e distribución alternativas as empresas distribuidoras (meramente lucrativas como intermediarias do proceso de intercambio).

Propoñemos entón unha serie de palestras, mesas redondas, video-fórums e actividades formativas e musicais para achegarnos máis a este mundo e facernos máis partícipes do mesmo.
 
Menú principal
Inicio
Por qué unhas xornadas?
Quen somos?
Finanzas
Contactar
Actividades
Concertos
Formación
Mesas Redondas
Palestras
Organizan














Agradecementos

Especiais agradecementos aos grupos Coanhadeira, Ergom, Quempallou e O Sonoro Maxin pola súa participación de forma totalmente altruista nas II Xornadas de Agroecoloxía












Visitas
mod_vvisit_counterHoxe13
mod_vvisit_counterOnte8
mod_vvisit_counterEsta semana24
mod_vvisit_counterEste mes40
mod_vvisit_counterTotais6538
© 2010 II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Joomla! é um software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Design by Mambo Template Factory