|
II XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE
Do 26 de febreiro de 2008 ate o 14 de marzo de 2008, Ourense
-
Martes 26 de febreiro: Mesa Redonda de Consumidoras e Agricultoras en ecolóxico: A experiencia de Semente servirá de enlace para dar dúas visións dunha mesma realidade: a producción e o consumo de productos ecolóxicos, da horta á mesa, na cidade de Ourense. Participan: Eloi Dávila (agricultor de Porqueira), David Leadbeater (agricultor de Laza e membro do Grelo Verde), Laura Seco e Gloria Higuero (membras de Semente). Lugar: Café Bar Trampitán , Praza Maior de Ourense, ás 20:30 horas.
-
Mércores 27 de febreiro: Comercio xusto e sustentabilidade, o exemplo da Panela: A sustentabilidade social e económica son un elemento propio do comercio xusto, pero Amarante pretende, en aqueles productos que importa, facer da compoñente de protección e conservación ambiental un factor diferenciador cara un consumo mais responsable. O cultivo e a elaboración do azucre puro de cana (panela) constitue un exemplo revelador nesta dirección. Participan: Felix Castro (Responsable de Cooperación de Amarante). Lugar: Centro Social A Esmorga , rúa Telleira 9 (Zona Universitaria), ás 20:30 horas.
-
Xoves 28 de febreiro: A ZEPA na Limia. Os Estados membros clasificarán como ZEPA os territorios máis axeitados en número e superficie para a conservación de varias especies de aves. Nas ZEPA deberanse adoptar as medidas axeitadas para evitar o deterioro dos hábitats, así como as alteracións que repercutan nas especies.Nesta actividade, veremos unha esperiencia nunha zona do estado que é zona ZEPA e na que hai explotacions agrícolas, e analizaremos a zona ZEPA da Limia. Participan: Fernando Jubete (Fundación Global Nature), Diego Rodríguez Vieites (Vicecoordenador Xeral de Verdegaia), Manuel García (membro de MEL, Movemento Ecolóxista da Limia) e Xosé Anxo Pérez Rúa (Sindicato Labrego Galego). Lugar: Salón de Graos do Edificio Politécnico , Campus Universitario, ás 20:00 horas
-
Venres 29 de febreiro: Palestra sobre Soberanía Alimentaria. O Concepto de soberanía alimentaria foi presentado por Via Campesina no Cumio Muncial sobre alimentación en 1996.No Foro de Nyéléni, a Soberanía Alimentar foi descrita como “o direito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente apropiados, acesíbeis, producidos de forma sustentábel e ecolóxica, e o seu direito a decidir o seu propio sistema alimentar e produtivo”. Participan: Xosé María García Villaverde (Coordenador de Actividades de VSF-Galiza), Fernanda Couñago Otero (Directora de Amarante), Tom Kucharz (responsable da área de agroecoloxía de Ecologistas en Acción). Lugar: Casa da Xuvende de Ourense , rúa Celso Emilio Ferreiro, 29, ás 20:00 horas
-
Sábado 1 de Marzo: Comedores Escolares Ecolóxicos. Achegaremonos á experiencia de implantación de productos ecolóxicos nos comedores de catro escolas da provincia de Ourense: CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP das Vendas da Barreira (Riós),
CEIP de Castrelo do Val (Castrelo do Val) e CEIP Antonio Vazquez Vazquez (Rairiz de Veiga). Participan: Charo Sanchez Parga e Anabel Dacosta Vazquez (membras do Grelo Verde e organizadoras dos comedores escolares em 4 colexios da provincia ourensá). Lugar: Ateneo de Ourense , rúa Curros Enriquez 1 (Torre), ás 20:00 horas
-
Sábado 1 de Marzo: Concerto de apoio ás II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense. Os grupos Coanhadeira e Quempallou colaboran de forma totalmente altruista na organización cun concerto que servirá para financiar estas II Xornadas de Agroecoloxía. Participan: Coanhadeira e Quempallou. Lugar: Centro Social A Esmorga , rúa Telleira 9, ás 21:30 horas. Prezo: 5€ (pódese coller un bono co concerto do día 8, de Ergom e O Sonoro Maxin, por 8€ os dous concertos)
-
Martes e Mércores 4 e 5 de Marzo: Obradoiro de Ecoteatro. Xogos teatrais, risoterapia, improvisación, teatro do oprimido... Todas estas técnicas son validas para coñecer e mediar unha problemática ambiental. Tranxénicos? non, graciñas. Participan: Daniele e un equipo de voluntarias/os de Amigos da Terra. Lugar: Local Social de Amarante-Verdegaia , rúa da Habana 64, de 20:00 a 22:00 horas
-
Xoves 6 de marzo: Ecoaldeas e Permacultura. A permacultura é unha proposta para acadar novos modelos sociais realmente sustentábeis. A partires dos principios da permacultura existen diversas experiencias de recuperación de aldeas cos máximos criterios éticos e responsables medioambientalmente. Participan: Antonio Palma (Permacultor) e Miguel (membro de Chozas, proxecto de Ecoaldea pontevedresa). Lugar: Centro Social A Esmorga , rúa Telleira 9, ás 20:30 horas
-
Venres 7 de marzo: Elaborar combustible para o teu coche a partir de aceite usado de cociña. Nunha coiuntura de crise ecolóxia e enerxética, o mais xuicioso semella aprobeitar os nosos propios residuos para a xeración de combustibles. Cesar Lema amósanos como facer funcionar o noso vehículo a partir de aceite usado de cociña: O agrocombustible mais barato do mundo. Participa: Cesar Lema (Permacultor). Lugar: Local Social de Amarante-Verdegaia , rúa da Habana 64, ás 20:30 horas
-
Sábado 8 de marzo: Concerto de apoio ás II Xornadas de Agroecoloxía de Ourense. Os grupos Ergom e O Sonoro Maxin colaboran de forma totalmente altruista na organización cun concerto que servirá para financiar estas II Xornadas de Agroecoloxía. Participan: Ergom e O Sonoro Maxin. Lugar: Café Cultural Auriense , praza do Correxidor 11, ás 20:45 horas. Prezo: 5€ (pódese coller un bono co concerto do día 8, de Ergom e O Sonoro Maxin, por 8€ os dous concertos)
-
Venres 14 de marzo: Por unha nova estética da natureza. A escritora galega defende que o modelo social que propón a agroecoloxía e o compromiso moral coa natureza deben chegar ate a esfera da creación literaria, de xeito que a ética e a estética sexan as dúas caras da mesma moeda. Participa: Teresa Moure (escritora) Lugar: Café Bar Ollo Ledo , praza das Mercedes 5, ás 20:30 horas
Para calquera consulta, podedes contactar con nós en
Este endereço de e-mail está protegido contra spam bots, pelo que o JavaScript terá de estar activado para que possa visualizar o endereço de email
A anterior edición tamén ten páxina web, que podes consultar no enlace das I Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.
|