I xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Quen somos? PDF e-mail

Somos diversos colectivos ourensáns con traballo no ámbito ecolóxico e agroecolóxico...

 esmorgalateralamigoslateraleu-iulateral

 

 

sementelaterialverdegaialateral

 

 

 

A Esmorga somos cada vez mais ourensãos e ourensás que apostamos pelo activismo social e cultural comprometido com a realidade na que vivemos. Trabalhamos para promover a lingua e a cultura galegas, a sensibilidade para com o meio ambiente e a solidariedade entre as pessoas e os povos. O entusiasmo, o espíritu positivo, o empenho e a diversão são as nossas ferramentas de trabalho para construir tijolo a tijolo um mundo mais justo e agradável para tod@s. A porta da Esmorga está aberta para qualquer pessoa que queira conhecer-nos ou botar-nos uma mão neste projecto. Bem-vind@s

Amigos da Terra é unha organización que sempre destacou por plantexar unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción.

Semente é unha asociación de Consumo Responsable que promove a transformación social dende a autonomía alimentaria e o respeito aos nosos recursos naturais, potenciando as redes de intercambio local en contraposición ás grandes empresas multinacionais.

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta.


  
 
Menú principal
Inicio
Por qué unhas xornadas?
Quen somos?
Contactar
Actividades
Formación
Mesas Redondas
Palestras
Video Forum
Participación
Documentación Xornadas
Audios das Xornadas
Galería de Imaxes
Crónicas
Organizan














Participan






















Colaboran


Consellería de Cultura



Consellería de Medio Rural



Universidade de Vigo







© 2010 I xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Joomla! é um software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Design by Mambo Template Factory