|
A Esmorga, Amigos da Terra, Esquerda Unida, Semente e Verdegaia decidimos apostar, neste ano que acabamos de estrenar, por comezar de forma contundente coa difusión da agroecoloxía como forma de vida tanto para consumidoras como para productoras.
Comezar o ano cunhas xornadas non é máis ca unha declaración de intencións do traballo que pretendemos levar a cabo o resto do ano, e tentamos conglomerar en 10 días diversas actividades que nos sirvan para achegarnos máis ao mundo da agricultura e gandeiría ecolóxica.
Queremos resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón:
- actúar de forma activa contra os modelos de producción capitalistas;
- mudar as relacións meramente comerciais por outras que ademáis conlevan a confianza entre productora/consumidora;
- boicotear de facto ás grandes superficies comerciais para potenciar ás pequenas vendedoras locais;
- crear redes de consumo e distribución alternativas as empresas distribuidoras (meramente lucrativas como intermediarias do proceso de intercambio).
Propoñemos entón unha serie de palestras, mesas redondas, actividades formativas e video-fórums para achegarnos máis a este mundo e facernos máis partícipes do mesmo.
Agardamos que disfrutedes tanto coma nós coas xornadas...
|