Crónicas
|
21 de xaneiro de 2007
No Auriense ás 19:30 horas da tarde, e para fechar as I Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, tivo lugar unha mesa redonda de productoras contando coa presencia de persoas membras de APEGA, Cume do Avia e Biocoop. Contaronnos as súas propias experiencias na producción ecolóxica de horta, viño e carne e, posteriormente, abriuse un fructífero debate que non desmereceu en absoluto as anteriores sesións das xornadas. Temas como a certificación dos productos, as relacións entre productoras, os distintos modelos de comercialización e relación coas consumidoras ou o papel da administración na promoción da agroecoloxía foron saltando á palestra ate que, ás 22:30 horas, deu remate a sesión.
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
|
|
|
20 de xaneiro de 2007
Com a Esmorga a rebentar de gente projectamos onte o esperado documental A Tornallom, emocionante reflexo da loita que durante 10 anos mantiverom @s vecinh@s da Punta de Valencia para salvar as súas casas e a súa horta da especulação e o avance imparável do capitalismo. Ao rematar tivemos o privilègio de contar com @s propri@s protagonistas quem nos souberom transmitir a força da súa loita carrejandonos a tod@s de esperança e dignidade.
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
DESCARGA o audio do Video Fórum
(aprox. 20 Mb)
|
|
|
20 de xaneiro de 2007
O curso de cociña vegana incluído nas xornadas
agroecolóxicas de Ourense desenrolouse os días 20 e 21 de
xaneiro no centro social A´esmorga. A participación foi
ampla e variada; mais de 20 persoas os dous días e con xente
que abarcaba case tódalas xeracións: moz*s, nais e
avoas; só faltaban @s cativ*s. O menú foi variado, con
productos da horta de temporada, ecolóxicos e case que todos
de producción local. Cociñamos e degustamos empanadas
de algas e soia, falafel, paté de lentellas e hummus,
biscoitos... Todo o mundo participou activamente na elaboración
dos pratos e o intercambio de coñecementos foi pleno.
Desfrutamos da comida e da compañía, xa que un dos
obxetivos era crear un espacio onde coñecernos, compartir
ideas, experiencias... e darlle un pulo ao movemento agroecolóxico
de Ourense, que busca mais persoas que desexen consumir consciente e
construir outro mundo posible.
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
|
|
|
19 de xaneiro de 2007
A Federación de Cooperativas de Consumo Sinerxia está a realizar unha serie de talleres formativos por toda Galiza co obxetivo de informar a todas aquelas persoas interesadas sobre o Cooperativismo de consumo. En Ourense, decidiuse que os talleres que promove Sinerxia tiveran lugar dentro das I Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.
Manuel (Asociación Briante) e Ramón (Sinerxia) crearon unha dinámica participativa na que as persoas asistentes foran debatindo e sacando a relucir todos aqueles tema que teñen relación co consumo consciente e co cooperativismo, e foron informando dos pasos que se seguiron noutros experiencias de cooperativismo ao longo do país.
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
|
|
|
18 de xaneiro de 2007
O compañeiro Xan Pouliquen, membro da asociación de consumidoras de Lugo "O bandullo ecolóxico" e da empresa XAN, compartiu con nós por espazo de unha hora, a súa visión da agricultura e gandeiría ecolóxica na Galiza. Unhas 35 persoas participaron no acto con preguntas e comentarios sobre temas tan variados como a agricultura ecolóxica certificada, as diversas visións do sector para consumidoras e productoras, e a evolución da producción ecolóxica no noso pais nos últimos anos...
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
DESCARGA o audio da palestra
(aprox. 20 Mb)
|
|
|
16 e 17 de xaneiro de 2007
Os temas clave na xornada de onte eran o reciclaxe e o traballo manual na elaboración de material útil a partires de residuos cotiás, nomeadamente, o papel e o aceite usado. Con estas dúas materias primas, onte aprendimos a técnica básica para elaborar papel reciclado nas nosas casas e para preparar xabón natural ao gusto de cada unha de nós.
A alta participación tamén serviu para compartir entre todas os coñecementos que cada quen tiña en torno á elaboración de xabón. Na tarde noite de hoxe, día 17 de xaneiro, terá lugar a segunda parte do proceso de elaboración de papel reciclado... ás 20:00 horas na Casa da Xuventude.
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
|
|
|
15 de xaneiro de 2007
A fabricação artesanal de compost foi a protagonista da jornada de onte. Por volta de 15 pessoas assistirom a este interesante obradoiro impartido por Angel Dorrio de Amig@s da Terra, quem inicialmente fez um percorrido pelas características de um bom compost, as suas vantagens e a utilidade do mesmo. A seguir a aula tomou um carácter prático no que se indicou passo a passo cómo confeccionar um contentor caseiro e onde cada alun@ puido aportar o seu trabalho. O resultado forom uns xeitosos recipientes prontos para ser utilizados e a satisfacção de tod@s @s assitentes.
Descarga o material do obradoiro de compostaxe:
compostaxe1 compostaxe2
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
|
|
|
14 de xaneiro de 2007
A Antigua Social Club foi o lugar que escolheu onte a Coordenadora das Jornadas de Agroecologia para  lembrar-lhe uma vez mais às ourensás e ourensãos que há outra forma de facer consumo e, algo ainda mais importante, que há outra forma de se alimentar. O debate liderado por Manuel Garrido (cooperativista de "Arbore"), Charo (productora e activista en "O Grelo Verde" e S.L.G.) e Manuel García (productor e distribuidor de "Labregos Daiqui") serviu uma vez mais para descobrer e espertar intereses entre os assistentes ao acto. Temas como as vantagens do cooperativismo de consumo, as dificultades dos productores ecológicos e a necesidade de criar redes entre productoras e consumidoras foram os protagonistas da tarde-noite de onte, que alimentarom um animado colòquio entre os assistentes.
(aprox. 40 Mb)
|
|
|
14 de xaneiro de 2007
A actividade estivo centrada en aspectos principalmente prácticos das dinámicas
ambientais. Existen numerosas actividades encamiñadas a reflexionar sobre os problema ambientais, conceptos como o
respecto á biodiversiadade, a cooperación para o desenvolvemento e/ou a xustiza
social, cuestións coas que se traballa
a través das dinámicas ambientais.
|
|
|
13 de xaneiro de 2007
omte abrimolas portas da unibersida pra achegar o comxumto da sozieda
ouremsa o discurso academico do profesor xose manuel beiras sobre “a
destruziom do sistema agrario e a sozieda labrega na galiza” e sobre o
seu futuro de maos da agroecoloxia. o famoso economista espuxo em pouco
mais dumha ora a sua analise sozioeconomica do agro galego, imtegrada
demtro das teses da economia ecoloxica e a xerarqia de sistemas e demde umha perspetiba
autozemtrada na propia realida do pais. duramte o turno de debate, qe se
prolomgou outros 30 minutos, tibo ocasiom de esplicar mais polo miudo a
sua aposta polo modelo de desembolbememto sustemtable proposto pola
teoria de estado estazionario ou crezememto zero.
Escoita a palestra con Xose Manuel Beiras
DESCARGAR o audio da palestra
(aprox. 30 Mb)
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
|
|
|
13 de xaneiro de 2007
A
actividade estruturouse en dous bloques diferenciados. Lito Prado
comezou introducindo unha pequena reflexión sobre o concepto
de Educación Ambiental, os seus obxectivos e cómo estes
se reflicten na práctica, destacando que moitas veces
empregamos este concepto para falar de actividades que realmente non
respectan os principios da Educación Ambiental, entendida como
o concepto máis amplo de Educación Integral. Nun
segundo bloque se introduciu algunhas das experiencias de Educación
que existen.
Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes
|
|
12 de Xaneiro de 2007
Ás 20:30 horas da tarde noite do venres, na praza maior ourensá, xuntámonos un grupo dunhas 30 persoas para participar do segundo acto das xornadas de agroecoloxia de ourense. A proxección do filme "Las semillas de la ira", comentado por Cesar Lema, serviu para comprender en qué consiste a modificación xenética de plantas, qué consecuencias ten e pode seguir tendo, cales son os motivos polos cales as grandes multinacionais gastan tantos cartos e tantos esforzos neste tipo de investigacións e, por último, para artellar as posibles respostas da cidadanía...
O debate que xurdiu en torno aos transxénicos, ao modelo económico alternativo a seguir, á movilización, etc... non fixo senón confirmar a bon resultado do acto que se prolongou ate as 23:15 horas da noite...
Escoita o video forum con Cesar Lema
DESCARGAR o audio do Video Forum
(aprox. 30 Mb)
|
|
|
11 de Xaneiro de 2007
A pesar dos leves problemas de son que houbo co filme proxectado, a tarde noite de onte comezou de forma moi esperanzadora coa presenza de 3 ducias de persoas fronte á pantalla do Centro Social da Esmorga no evento que daba o sinal de saída das I Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.
A proxección do filme "Bienvenidos al paraíso: el milagro de almería" durou uns 50 minutos e, ao remate do mesmo, Xabier Simón abriu un debate que foi tremendamente positivo tanto pola cantidade como pola diversidade de opinións en torno ao tema. A maioría das persoas presentes participou opinando sobre os modelos productivos de explotación do chan, as preocupacións da cidadanía en torno á súa saúde, os problemas da pérdida de sementes, as necesidades de fomentar a participación cidadá, e un longo etcétera que fixo que o acto chegara ao sen fin ás 23:15 horas...
Escoita o video fórum con Xabier Simón
DESCARGA o audio do Video Forum
(aprox. 30 Mb)
Podedes ver máis fotos na Galería de Imaxes
|
|
|
|
|
|
Colaboran |
Consellería de Cultura
Consellería de Medio Rural
Universidade de Vigo
|
|